Xosé Luís Fontenla Méndez, nado en 1915 e finado en Pontevedra o 14 de decembro 1998,La Voz de Galicia, Vigo, 17-12-1998, p. 87. foi un mestre e político galego
Traxectoria Fillo de Antonio Fontenla Romero. Foi alumno da Escola Normal de Pontevedra. Colaborou coa Sección de Psicoloxía do Seminario de Estudos Galegos dirixida por Antón Iglesias Vilarelle. Pertenceu a Labor Gallega de Pontevedra. Participou en maio de 1934 na primeira Asemblea da Federación de Mocedades Galeguistas, nela resultou elixido para a Secretaría Executiva.
Foi mestre en Arbo. Despois da guerra tivo a intención de volver publicar a revista Logos con Iglesias Vilarelle, pero as autoridades franquistas esixíanlles unha declaración de adhesión ao Movimiento e decidiron non continuar co proxecto. Foi axente de seguros na provincia de Pontevedra.
Participou na Asemblea de constitución da editorial Galaxia, celebrada en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1950. Realizou a primeira versión ao galego dos Evanxeos en La Noche e traduciu o Ordinario da Misa ao galego. Foi un dos fundadores do Ateneo de Pontevedra e do Cine Club de Pontevedra.
Finou en Pontevedra con 83 anos.La Voz de Galicia, Pontevedra, 16-12-1998, p. 45.
Vida persoal
Casou con Rosa Rodríguez Pérez e foi pai de José Luís Fontenla Rodrigues. Notas
Categoría:Personalidades do ensino de Galicia Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1998