Solsticio é o décimo álbum de estudio do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse o 30 de novembro de 2010, baixo o selo Warner Music.

O disco gravouse nos estudios Bruar da Coruña e os produtores artísticos foron Bieito Romero e Xabier Ferreiro.

Lista de cancións "O son das pedras" – (5:06) "Camiño do norte" – (4:35) "Mia irmana fremosa / Muiñeira de Poio" – (3:41) "Unha volta polo medio" – (3:22) "Doentes" – (3:06) "Schiarazulla marazulla / A Carolina" – (3:08) "Quantas Sabedes" – (3:24) "Monte Pindo" – (3:38) "A miña amiga" – (5:07) "Na Frouseira / Maravillosos et piadosos" – (5:17) "Ven bailar Carmiña" – (5:04) "Via Lactea" – (4:14) "Sabor a Santa María / Con gran razón" – (3:47) "Trasmontana" – (3:05) "Romance de Don Gaiferos" – (4:55)

Colaboracións Pat Kilbride: Guitarra acústica en "Mia irmana fremosa / Muiñeira de Poio" e "Monte Pindo". Voz en "Mia irmana fremosa / Muiñeira de Poio" e "Unha volta polo medio". Miro Casabella: Voz en "Quantas Sabedes". Xocas Meijide: Clarinete e clarinete baixo en "Monte Pindo". Diana Navarro: Voces en "A miña amiga". Xulia Cea: Voz en "Na Frouseira / Maravillosos et piadosos". Coro Canta Compaña: Voces en "A Frouseira / Maravillosos et piadosos". Miguel Queixas, Miguel Cabana e Rubén Montes: Tambores batá en "Na Frouseira / Maravillosos et piadosos". Rubén Montes: Caixón en "Via Lactea". Nani García: Teclados en "A miña amiga", "Na Frouseira / Maravillosos et piadosos" e "Romance de Don Gaiferos".

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Datos do álbum en itunes.apple.com

Categoría:Álbums musicais de 2010 Categoría:Álbums de Luar na Lubre