La Jamais Contente (en galego: O nunca satisfeito) foi o primeiro vehículo eléctrico en superar os 100 km/h.El Jamais Contente, el eléctrico que superó los 100 km/h. www.motorpasion.com. Trátase dun coche con dous motores eléctricos, conectados a cada un dos eixes das rodas (marca Postel-Vinay), dunha potencia máxima total de 50 quilovatios (68 cabalos aproximadamente).La Recherche, volume 16 (1985). Ten unha carrozaría de aliaxe lixeira con forma de torpedo. Non obstante, a alta posición de condución e o exposto chasis inferior, estragaban moito a aerodinámica. A plusmarca de velocidade en terra foi estabelecida, segundo as fontes, o 29 de abrilLa Jamais Contente. Conceptcarz.com. ou o 1 de maio de 1899, en Achères, Yvelines, preto de París.
O coche foi construído e pilotado polo belga Camille Jenatzy, quen era fillo de Constant Jenatzy, un fabricante de pneumáticos de caucho, unha novidade na época. Camille estudou enxeñaría, e estaba interesado nos vehículos de propulsión eléctrica.
O vehículo actualmente se atopa no museo do automóbil de Compiègne, en Francia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información
Categoría:Automóbiles