Arab on Radar foi unha banda de noise rock procedente de Providence, Rhode Island fundada no ano 1997. A banda desfaríase en outubro do ano 2002. Os seus membros formarían os grupos The Chinese Stars, Athletic Automaton e Made in Mexico. No ano 2010 a banda reformouse e ten a intención de editar un novo álbum.
Biografía O primeiro concerto de Arab on Radar foi na cafetería do campus da universidade de Rhode Island. O primeiro son da banda caracterizábase por distorsións moi densas, liñas de baixo repetitivas, ritmos de batería 4/4, e dúas guitarras ensordecedoras que empregaban melodías contrastadas e acordes case ao unísono, que fixo que os comparasen con The Contortions. Nos seus directos adoitaban a cuspir ao público, a facer parodias sobre a trisomía e a espirse completamente.
Despois da saída de Andrea Fiset, a banda desenvolveu un son máis tradicional e comezaron a ser comparados (ás veces de xeito despectivo) con Sonic Youth. Arab on Radar poden ser considerados un dos causantes do revivalismo do no wave (tamén chamado neo-no wave), unha escena que comezou a gañar popularidade con bandas como Lightning Bolt e The Locust a principios do século XXI.
Three One G editou un DVD de Arab On Radar titulado Sunshine for Shady People no ano 2008. Nel inclúese un pequeno documental e imaxes dun feixe de concertos da banda.
O 13 de abril do 2010 Justin Pearson anunciou na súa páxina de Facebook que Arab on Radar reformárase. O 16 de abril Skin Graft Records anuncou que a banda tocaría no Dude Fest 2010, e que a esa actuación seguiríanlle máis datas. O grupo realizou unha xira pola costa leste estadounidense, porén cancelaron as súas datas na costa oeste e as sesións de gravación do seu novo álbum por razóns descoñecidas.
O 8 de setembro de 2011, o guitarrista Jeff Schneider anunciou no Facebook da banda o resto dos membros de Arab on Radar crearan o grupo Doomsday Student sen el, amosando a súa decepción pola traizón dos seus antigos compañeirosFacebook de AoR.
Discografía Álbum Ano Selo Queen Hygiene II 1997 Heparin Rough Day at the Orifice 1998 Oppoppop Soak the Saddle 1999 Skin Graft Records Yahweh Or The Highway 2001 Skin Graft Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Arab on Radar na páxina de Skin Graft Records
Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de Providence, Rhode Island Categoría:Grupos musicais formados en 1997