O Balonmano Ciudad Encantada ou Cuenca 2016 é un equipo de balonmán da cidade de Cuenca, Castela-A Mancha (España) que actualmente compite na Liga ASOBAL.

Historia Na tempada 1989-90 chegou a Cuenca, coa denominación de Madrid-Cuenca, a máxima categoría do balonmán español. O debut ligueiro foi no Pavillón Municipal El Sargal cunha derrota. Na tempada seguinte, co nome de Sociedad Conquense, conseguiu o ascenso ao vencer nunha eliminatoria a dobre partido ao equipo de Ciudad Real.

O equipo seguiu co nome de Sociedad Conquense ata a tempada 1993-94, na que a liga se disputou en dous grupos de oito equipos cada un. Os catro primeiros clasificados de cada grupo xogábanse o título nunha segunda fase, e os catro últimos de cada grupo loitaban por evitar o descenso. O equipo conquense non se clasificou entre os oito primeiros na primeira fase, mais logrou o segundo posto na liguiña de equipos que loitaban por non perder a categoría, conseguindo así a súa mellor clasificación na máxima categoría.

Na tempada 1994-95 o club pasou a denominarse Balonmano Conquense e, na seguinte tempada, a 1995-96, logo de lograr a permanencia tras unha eliminatoria disputada co Barakaldo ao mellor de cinco partidos, perdeu a categoría por problemas económicos, polo que xogou a tempada seguinte na División de Honra "B".

Na tempada 1997-98 o club pasou a denominarse C.D.B. Balonmano Ciudad Encantada.

O equipo continuou na División de Honra “B” ata a tempada 1999-00, na que descendeu a Primeira División Estatal.

Na primeira tempada en Primeira, a 2000-01, o equipo quedou encadrado no grupo catalán e conseguiu manter a categoría con bastante esforzo e cun cadro de xogadores procedente fundamentalmente da canteira.

Dende a tempada 2005-06 o equipo competiu na División de Honra “B”, comezando unha nova etapa do balonmán en Cuenca.

Na tempada 2007-08 conseguiu o ascenso á Liga ASOBAL.

Denominacións 1989-90: Madrid-Cuenca. 1990-94: Sociedad Conquense. 1994-97: Balonmano Conquense. 1997- actualidade: C.D.B. Balonmano Ciudad Encantada.

Equipo 2010-2011

1 Richard Kappelin 3 Guillermo Corzo 4 Aurelijus Sabonis 6 Rafael López León 8 David Mendoza 9 Rafael Capote 10 Jorge Pavan 11 Marco Gámuz   12 Álvaro de Hita 13 Kreso Ivankovic 14 Carlos Manuel Arias 15 Dobrivoje Markovic 16 Javier Nielfa 17 Vaidotas Grosas 20 Hugo López 26 Pedro Rodríguez

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do club

Cuenca Categoría:Cuenca