Taxi Driver é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Martin Scorsese e escrito por Paul Schrader. O filme está ambientado en Nova York, pouco despois de que terminase a guerra de Vietnam, e está protagonizado por Robert De Niro, quen interpreta a Travis Bickle, un ex-combatente solitario e mentalmente inestable que comeza a traballar como taxista, incorporándose á turbia vida nocturna da cidade.
Sinopse Para soportar o insomnio crónico que sofre dende o seu regreso de Vietnam, Travis Bickle (Robert De Niro) traballa como taxista nocturno en Nova York. É un home pouco sociable que apenas ten contacto cos demais, pasa os días nos cines para adultos e vive obsesionado con Betsy (Cybill Shepherd), unha atractiva loira que traballa como voluntaria nunha campaña política. Tras estragar a súa incipiente relación con Betsy, Travis non pode menos que seguir observando como a violencia, a sordidez e a desolación se apoderan da cidade, polo que un día decide pasar á acción.
Personaxes Robert De Niro como Travis Bickle Jodie Foster como Iris "Easy" Steensma Albert Brooks como Tom Harvey Keitel como Matthew "Sport" Higgins Leonard Harris como Senador Charles Palantine Peter Boyle como "Wizard" Cybill Shepherd como Betsy Harry Northup como Doughboy Martin Scorsese como Pasaxeiro que olla a silueta Victor Argo como Melio
Galardóns e nomeamentos 1976: 4 nomeamentos ó Oscar: Filme, actor (Robert De Niro), actriz secundaria (Jodie Foster) e música. 1976: Festival de Cannes: Palma de Ouro - mellor filme. 1976: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Actor en drama (De Niro) e guión. 1976: 3 premios BAFTA: Secundaria (Foster), revelación (Foster) e música.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en TCM Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Martin Scorsese Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1975 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry