Peter Lawrence Boyle, nado o 18 de outubro de 1935 e finado o 12 de decembro de 2006, foi un actor estadounidense gañador dun Premio Emmy en 1996 polo seu papel de actor convidado na serie X Files. Aínda que nos últimos anos Peter Boyle era coñecido pola súa participación na serie Everybody Loves Raymond como Frank Barone, na súa filmografía atópanse películas como Taxi Driver (1976) ou Monster's Ball (2001).

Véxase tamén

Ligazóns externas Peter Boyle en TV.com

Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Montgomery, Pensilvania Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2006