Aurelio Ribalta Copete, nado en Ferrol o 1 de abril de 1864 e finado en Soto del Real (Madrid) o 7 de setembro de 1940, foi un escritor e xornalista galego. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Traxectoria Cursou os estudos secundarios en Madrid entre 1873 e 1877. Estudou Leis e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. En 1895 comezou o seu traballo na Administración de Facenda. Formou parte do grupo de intelectuais galeguistas establecidos na capital. Alí fundou a revista Estudios Gallegos, desde onde en 1915 realizou un chamamento para defender a lingua galega. O 5 de xaneiro de 1916 Antón Villar Ponte recolleu a chamada e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego.
Achegado ao rexionalismo, foi nomeado representante do Comité Regionalista de Santiago para a Xunta de Defensa de Galicia e participou nas reunións dos seus integrantes, como a da Cova Céltica. Tivo un papel relevante na constitución das Irmandades da Fala.
En 1910 realizou a súa proposta ortográfica foneticista, practicada e defendida no seu Libro de Konsagrazión. Feixe de poesías gallegas. En 1917 editou en Barcelona unha Escolma de Poesías de Rosalía de Castro.
Permanece inédita no convento de San Francisco do Val de Deus a súa obra Gramática gallega elementale, datada en 1940.
Obras En galego Narrativa 184px 175px Ferruxe, A Coruña, 1894, e Escolma de poesíasde Rosalía de Castro, Barcelona, 1917. Ferruxe, 1894, editado por Andrés Martínez, ilustrado por Urbano González. O Pastor de Doña Silvia, 1925, Colección Lar. O derradeiro amore, 1931.
Poesía Libro de Konsagrazión. Feixe de poesías gallegas, 1910.
En castelán La campaña de ultramar, 1888. El viático. El hijo de María Rosa. El señorito. Catalanismo militante, 1901.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha do documental Galicia en Castela. A España galeguista de Aurelio Ribalta
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega