Celestino Noya Rodríguez, nado en Barro en 1905 e finado en Pontevedra en xaneiro de 1994,La Voz de Galicia, 19-1-1994, p. 92. foi un político e escritor galego.

Traxectoria miniatura|Morta!. Lar. 1927. Estudou o bacharelato en Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia no Colexio León XIII e no instituto de Noia como catedrático de Xeografía, e despois foi catedrático do Instituto de Lugo (1933-1936). Colaborou na prensa, foi correspondente de El Pueblo Gallego en Pontecesures, e en 1927 publicou a noveliña Morta! na colección Lar. Militante do Partido Republicano Gallego, despois pasou a Izquierda Republicana, foi nomeado concelleiro de Lugo en febreiro de 1936, elixido Presidente da Deputación de Lugo o 31 de marzo de 1936El Pueblo Gallego, 1-4-1936, p. 11., presidiu a Comisión Executiva para a propaganda do Estatuto, e viaxou a Madrid para presentar o Estatuto ás Cortes Republicanas. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. Durante a guerra foi xefe de oficinas de Sanidade de Madrid, Murcia e Alacant. Cando rematou a guerra civil foi detido sen proceso no campo de concentración do castelo de Santa Bárbara de Alacant ata agosto de 1940. Depurado como profesor de instituto, pasou a dar clases no Colexio León XIII que dirixía Xesús Garrido Álvarez. Rehabilitado, foi catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Sánchez Cantón e secretario do Instituto. Xubilouse en 1975. Recibiu a Gran Cruz de Afonso X O Sabio.

Obras Morta!, 1927, número 31 da colección Lar.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Nados en Barro Categoría:Nados en 1905

Categoría:Finados en 1994