Lisardo Gómez González, nado en Lugo o 8 de outubro de 1974, é un adestrador profesional de baloncesto galego. Tras ser xogador e adestrador do Estudiantes de Lugo, pasou a ser adestrador asistente de Rubén Domínguez do Club Baloncesto Breogán e, trala destitución do mesmo, pasou a facerse cargo do cadro de xogadores durante dous días até a chegada de Pepe Rodríguez. Trala marcha do último faise cargo como adestrador principal do club. O 16 de marzo de 2016, vese obrigado a deixar temporalmente o club debido a unha baixa indefinida por enfermidade, sendo substituído polo seu compañeiro Quique Fraga.Lisardo Gómez deixa o Breogán

Traxectoria Estudiantes de Lugo (base) (2004-2005) Estudiantes de Lugo (EBA; (2005-2009) Club Baloncesto Breogán (Sub-20) (2007-2009) Club Baloncesto Breogán (LEB; 2010, 2012-2016) Asistente dende 2007. Adestrador principal do 12 ao 14 de decembro de 2010. Asistente dende o 14 de decembro de 2010. Adestrador principal dende o 17 de decembro de 2012.

Palmarés Subcampión de Galicia en categoría cadete (2005) Subcampión liga Sub-20 (2007) Mellor clasificación histórica do Estudiantes (5º posto en EBA) Final dos Playoffs da Liga LEB (2015)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Comunicado de prensa do Breogán (12-12-10).

Categoría:Adestradores de baloncesto de Galicia Categoría:Adestradores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Club Estudiantes de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1974