Ángel Aperribay Pita da Veiga, nado na Coruña o 22 de xuño de 1885 e finado na mesma cidade o 15 de outubro de 1945,La Voz de Galicia, 16-10-1945, p. 4. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Procedía dunha familia aristocrática orixinaria de Basauri que en 1805 veu a Galicia e ocuparon cargos na Real Audiencia do Reino de Galicia. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como avogado, dedicándose a recoller documentación da súa familia nas súas terras de Muxía, Laxe, Vimianzo, Ponteceso e Camariñas, papeis doados máis tarde pola súa familia á Xunta de Galicia. Foi presidente da Deputación da Coruña (1930-1931), elixido deputado como independente de dereitas pola provincia da Coruña nas eleccións xerais españolas de 1933, foi tamén presidente da Cociña Económica da Coruña de 1939 a 1943.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1945