O Spirou Charleroi é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Charleroi (Hainaut, Valonia). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. Desde o ano 1996 é un dos equipos dominadores do baloncesto do seu país, chegando incluso a competir na Euroliga. Fundado en 1989, disputa os seus partidos como local no Spiroudome, pavillón con capacidade para 6 300 espectadores. O nome do equipo provén da revista de banda deseñada Spirou.
Historia O Spirou Charleroifoi creado en 1989 sobre os cimentos do club Monceau. Renombrado "Spirou Monceau" en 1988 e "Spirou Charleroi" coa chegada do club da primeira división en 1989, o club de Charleroi converteuse rapidamente nun club de éxito. De feito, a partir da tempada 1992-1993 baixo a dirección do adestrador Giovanni Bozzi, o Charleroi terminou terceiro na fase regular do campionato, chegando a xogar as final polo título clasificándose contra o Racing Mechelen, o mellor equipo belga dos anos 1980 e 1990, perdendo por 3-2. Desde aquelas o Spirou converteuse nun dos dominadores do baloncesto belga, gañando dez Ligas (1996–99, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011), cinco Copas (1996, 1999, 2002, 2003, 2009) e tres Supercopas (2001, 2002, 2008). O 29 de xullo de 2014 Jacques Stas converteuse no adestrador do equipo substituíndo no posto a Giovanni Bozzi, o cal substituíu o propio Stas como presidente.
Nomes Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como: Spirou Monceau (1989–1990) Spirou Charleroi (1990–2011) Belgacom Spirou (2011–2014) Proximus Spirou (2014–2018)
Palmarés Liga de Bélxica Campión (10): 1996, 1997, 1998, 1999, 2003, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011 Copa de Bélxica Campión (5): 1996, 1999, 2002, 2003, 2009 Supercopa de Bélxica Campión (7): 1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2008, 2010
Históricos Xogadores
Ralph Biggs Marcus Faison D. J. Mbenga Éric Struelens Damir Krupalija Sergio Llorente Scooter Barry Mike Batiste Corey L. Brewer Shawn Daniels Michael-Hakim Jordan Demond Mallet Andre Riddick Kevin Salvadori Wayne Turner Matt Walsh Marcus Douthit Rodrigue Beaubois Joseph Gomis Amit Tamir Armands Šķēle Valdemaras Chomičius Mladen Šekularac Daniel Santiago Pavel Pumprla Mouhamed Sene Milutin Aleksić Nikola Janković Vladimir Kuzmanović Predrag Savović Ivan Zoroski Tornike Shengelia
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Bélxica