Guende é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Atópase na ladeira dun monte de pendente acusada. Linda ao sur con Xasoso.
Demografía Tiña 20 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 9 eran homes e 11 eran mulleres. No 2009 eran 22 persoas: 10 homes e 12 mulleres.
Paisaxe A tipoloxía da aldea é un núcleo concentrado, non tradicional, existindo unha alternancia de casas rurais de pedra con vivendas novas, ambas con numerosos anexos. Cara ó exterior do núcleo atópanse vivendas tipo "chalet".
Pódese encontrar alpendres de pedra, bloque ou ladrillo, de grandes dimensións para animais de granxa coma ovellas ou galiñas, para maquinaria agrícola, apeiros de labranza, almacén ou garaxe.
Existen 11 hórreos catalogados, algúns nun mal estado de conservación.
Existen pequenas hortas, árbores frutais e vides. Fóra do núcleo aparecen pastos e milleirais e xa máis lonxe piñeiros, eucaliptos e carballos.
Servizos urbanísticos ServizoTipoAbastecemento de augaTraída e pozo de barrenaSaneamentoPozo negroElectricidadeSi (Aérea)Iluminación públicaSiTelefoníaSiRecollida de lixoSiTransporteNon
Notas
Lugares e parroquias Lugares da Baña
Parroquias da Baña
Categoría:Lugares da Baña