Meat Puppets é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en xaneiro de 1980 en Phoenix (Arizona). Orixinalmente estivo composto por Curt Kirkwood (guitarra/voces), o seu irmán Cris Kirkwood (baixo) e Derrick Bostrom (batería). Os irmáns Kirkwood coñeceron a Bostrom cando ían á Brophy Prep High School en Phoenix. Os tres trasladáronse a Tempe (unha cidade nas afóras de Phoenix onde está a Universidade Estatal de Arizona), onde os irmáns mercaron dúas casas pegadas, unha das cales tiña un pendello onde ensaiaban regularmente.
Meat Puppets foi un dos grupos máis notables do conxunto do selo SST Records (a través do cal editaron a meirande parte dos seus discos), e comezou como unha banda de punk rock pero, como moitos dos seus compañeiros de SST, Meat Puppets conseguiu un son propio, mesturando punk con country e rock psicodélico, coa axuda da característica voz de Curt. Meat Puppets posteriormente gañou moita fama cando os irmáns Kirkwood foron convidados para tocaren con Nirvana no seu MTV Unplugged en 1993. O álbum de 1994, Too High to Die, converteríase, xa que logo, na súa edición máis exitosa. O grupo separouse dúas veces, en 1996 e en 2002, pero reuniuse novamente no ano 2006.
Meat Puppets influenciaron a varias bandas como Nirvana, Dinosaur Jr., Pavement ou Soundgarden.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Meat Puppets 1982 SST Records Meat Puppets II 1984 SST Records Up on the Sun 1985 SST Records Mirage 1987 SST Records Huevos 1987 SST Records Monsters 1989 SST Records Forbidden Places 1991 London Records Too High to Die 1994 London Records No Joke! 1995 London Records Golden Lies 2000 Breaking Records/Atlantic Records Rise to Your Knees 2007 Anodyne Records Sewn Together 2009 Megaforce Records Lollipop 2011 Megaforce Records Rat Farm 2013 Megaforce Records Dusty Notes 2019 Megaforce Records
EPs Álbum Ano Selo In a Car 1981 World Imitations Records Out My Way 1986 SST Records Raw Meat 1994 London Records You Love Me 1999 London Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de cowpunk Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de Arizona Categoría:Grupos musicais formados en 1980