Joaquín Vaamonde Cornide, nado na Coruña en 1872 e finado no Pazo de Meirás en 1900, foi un pintor galego encadrado dentro da Xeración Doente.
Traxectoria Iniciouse no mundo da pintura da man do pintor compostelán Modesto Brocos, e axiña deixa a súa cidade natal para viaxar a Montevideo e Buenos Aires. Volveu aos 22 anos de idade xa convertido nun artista cun estilo de seu. A finais do século XIX conseguira facerse cun nome en Madrid, en parte grazas á influencia na cidade da escritora Emilia Pardo Bazán que naquel tempo triunfaba na literatura española como escritora e como figura pública. A súa complicidade era tal que a escritora converteuno no protagonista de La Quimera, onde era retratado coma un pintor novo con talento que desprezaba o seu traballo de retratista da burguesía, desexando ser como os grandes mestres que observa no Museo do Prado. Aos 32 anos de idade morre debido á tuberculose. miniatura|Vaamonde en 1896. Na actualidade atópase no Museo de Belas Artes da Coruña a súa obra sobranceira, destacando entre outras un retrato en pastel de Pardo Bazán e un retrato de Ramón Pérez Costales (promotor da Real Academia Galega xunto a Pardo Bazán).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, María; "VAAMONDE CORNIDE, Joaquín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
(1990). "El arte contemporáneo" en Enciclopedia temática de Galicia, t. V-Arte, , Nauta, Barcelona , ISBN 84-278-1210-8 (v.5).
Outros artigos Jenaro Carrero Ovidio Murguía Ramón Parada Justel
Ligazóns externas Enciclopedia online Museo Nacional del Prado .
Joaquín Vaamonde no Museo de Belas Artes da Coruña.
Categoría:Xeración Doente Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1900 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Finados por tuberculose