miniatura|Estatua ecuestre de Du Guesclin en Dinan, Bretaña. Bertrand du Guesclin, nado cara o 1320 en Broons (preto de Dinan) e finado en 1380 en Chateauneuf-de-Rondon (actual departamento de Lozère), foi un nobre bretón, condestable de Francia e Castela, figura principal na primeira parte da Guerra dos Cen Anos.

Traxectoria Viña da baixa nobreza da Bretaña onde tomou parte nas guerras de sucesión dese ducado independente. Loitou contra os ingleses en defensa desta. Resistiu en Rennes os ataques do Duque de Lancaster.

Pasou ao servizo de Carlos IV de Francia e dirixiu aos franceses contra os ingleses caendo varias veces prisioneiro. Nunha ocasión declarou ao xefe das tropas rivais, o Príncipe Negro, que todas as mulleres de Francia estarían dispostas a pagaren o seu rescate aínda que tiveran que fiar as fiandeiras de toda Francia. Experto nunha guerra de desgaste, acabou minando as posicións inimigas. En 1364 venceu sobre os anglo-navarros en Cocherel, Normandía. O seu exército eran as temidas e eficaces compañías libres.

Tras a paz de Calais, pasou a Castela para axudar a Henrique de Trastámara contra o lexítimo rei Pedro I o Cruel. A súa intervención foi determinante na decisiva batalla de Montiel onde encontrou a morte este último. A el tamén se lle atribúe a frase: non quito nin poño rei pero axudo ao meu señor, que outros poñen nos beizos do galego conde de Andrade.

Carlos V de Francia nomeouno condestable e, seguindo unha estratexia de evitar grandes batallas decisivas, foi recuperando importantes prazas fortes. Loitou tamén contra o seu ducado natal para colocalo baixo a autoridade do rei de Francia. Faleceu durante o asedio de Châteauneuf-de-Rondon.

Categoría:Guerra dos Cen Anos Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1380 Categoría:Nados no departamento de Côtes-d'Armor Categoría:Militares de Francia