Día das Letras Galegas O 17 de maio é o 137º día do ano do calendario gregoriano e o 138º nos anos bisestos. Quedan 228 días para finalizar o ano.
Acontecementos miniatura|Cantares gallegos. 1814 - A Asemblea Constitucional celebrada en Eidsvoll asina a Constitución de Noruega. 1863 - Sae do prelo o libro Cantares gallegos, de Rosalía de Castro 1963 - Primeiro Día das Letras Galegas. 1968 - Lanzamento do satélite ESRO 2B, o primeiro satélite con éxito da ESRO.
Nacementos miniatura|Manuel Murguía. 1749 - Edward Jenner, inventor da vacina. 1806 - Pascual Madoz, político español. 1825 - Matías López López, político e industrial galego. 1833 - Manuel Murguía, historiador, marido de Rosalía de Castro e primeiro presidente da Real Academia Galega (m. 1923). 1845 - Jacint Verdaguer, poeta catalán. 1866 - Erik Satie, compositor e pianista francés. 1885 - Afonso XIII, fillo póstumo de Afonso XII, rei de España. 1889 - Marcel Moyse, frautista francés. 1897 - Odd Hassel, físico e químico noruegués. 1898 - Arturo Rivas Castro, sacerdote e científico galego (m. 1974). 1900 - Ruhollah Khomeini, dirixente político iraniano. 1904 - Jean Gabin, actor francés. 1935 - Gonzalo Rodríguez Mourullo, escritor e avogado galego. 1936 - Dennis Hopper, actor e director de cinema estadounidense. 1941 - José Ufarte, futbolista galego. 1961 - Enya, cantante irlandesa. 1965 - Trent Renzor, roqueiro, Nine Inch Nails. 1968 - Dave Abbruzzese, batería estadounidense Pearl Jam. 1973 - Josh Homme, músico estadounidense, Queens of the Stone Age. 1982 - Borja Oubiña, futbolista galego.
Mortes miniatura|Sandro Botticelli. 1510 - Sandro Botticelli, pintor italiano. 1575 - Matthew Parker, arcebispo de Canterbury. 1727 - Catarina I de Rusia, tsarina da Rusia Imperial. 1886 - John Deere, fabricante estadounidense. 1935 - Paul Dukas, compositor francés da escola impresionista. 1941 - José Leite de Vasconcelos, lingüista, filólogo e etnógrafo portugués. 1959 - Luís Brage Villar, músico e compositor galego (n. 1886). 1960 - Jules Supervielle, escritor francés. 1989 - Justino Azcárate, avogado e político español.
2009 - Mario Benedetti, escritor uruguaio. 2013 - Jorge Rafael Videla, ditador arxentino entre 1976 e 1981.
Festas e celebracións Día Mundial das Telecomunicacións Día das Letras Galegas Día de Internet Día Mundial da Hipertensión Arterial Día Nacional de Noruega Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia Día Mundial da Reciclaxe
Outros Santoral: Santos Pascual Bailón e Basilisa.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Maio