Helmer Alexandersson, nado o 16 de novembro de 1886 en Estocolmo e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1927, foi un compositor e violinista sueco, irmán da actriz Karin Alexandersson.
Traxectoria Coñécese relativamente pouco sobre a vida de Alexandersson, naceu nunha familia de comerciantes, seu pai morreu en 1900 e el tivo que se pór a atender o comercio familiar. Estudou de 1902 a 1908 no Conservatorio de Estocolmo, recibiu varias bolsas de estudos para perfeccionarse e en 1912 contratárono para realizar a marcha oficial dos Xogos Olímpicos de Estocolmo. Concibida na súa maior parte en 1914 a Sinfonía nº 2 en G menor estreouse o 18 de abril de 1919 baixo a dirección de Carl Schneevoight.Rob Barnett Helmer Alexandersson (1886-1927) Desde 1918 era primeiro violinista da orquestra do cine "Röda Kvarn" (Rode Molen) compoñendo música para os filmes mudos que se exhibían nese cine.
Obra Música para filmes 1925 - Ingmarsarvet 1923 - Gunnar Hedes saga 1919 - Herr Arnes pengar
Música para orquestra 1914- 1919 - Sinfonía nº 2 en G-menor
Notas
Categoría:Compositores de Suecia Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Nados en Estocolmo