Salvador Valcárcel Montenegro, coñecido como Recaré ou Recarey, nado en Quinzán das Peras (parroquia de Argozón, Chantada) e finado en Adá o 11 de abril de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Fuxido dende o principio do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi o líder dun grupo de guerrilleiros que actuaba no suroeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada. Formaban parte deste grupo Jesús López Suárez, Benjamín Argiz Fiunte, Victorino Quintana Vázquez e Benito Montes Otero. Foi xulgado en Lugo na causa 765/38 e declarado en rebeldía. Foi requirido polo xuíz militar de Lugo en febreiro de 1939.BOP Lugo, 18-2-1939, p. 4. O 11 de abril de 1939 o grupo asaltou o ómnibus da empresa Montaña que facía o percorrido Lugo-Ourense. No autobús viaxaba un sarxento do exército que se enfrontou aos guerrilleiros. Estes fuxiron e o sarxento deu aviso a Lugo de onde saíron forzas do exército e da Garda Civil. Localizados os guerrilleiros en Adá, enfrontáronse aos perseguidores e Salvador Valcárcel e outros dous guerrilleiros resultaron mortos."En Lugo, fue apresada una banda de forajidos. Después de una batida se dió muerte al jefe, «Recarey»", La Voz de Galicia, 14-4-1939, p. 5.El Compostelano, 14-4-1939, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos