Antonio Carro Fernández-Valmayor, nado o 16 de setembro de 1945 na Coruña, é un avogado, profesor e político galego.
Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e mais é diplomado en urbanismo e ordenación do territorio e técnico da Administración Civil do Estado, alén de profesor de dereito constitucional na USC e membro da Asociación Española de Ciencia Rexional, da Asociación de Estudos Galegos, do Instituto de Estudos de Galicia, da loxa Renacemento 54 e da loxa Curros Enríquez da masonería e da Fundación Pablo Iglesias.
Nas eleccións xerais de 1979 resultou elixido senador pola provincia da Coruña polo PSOE. Tamén foi deputado no Parlamento de Galicia de 1981 a 1997 polo PSdeG-PSOE, parte deses anos actuou como voceiro do seu grupo parlamentario e vicepresidente da cámara. Asumiu os postos de Secretario Xeral da Grande Área de Expansión Industrial de Galicia e subdelegado provincial do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia