Facundo Salinas Moyano, nado o 2 de maio de 1971 na localidade de Mendoza (Arxentina) é un ex xogador de hóckey a patíns. Logo do Campionato do Mundo de 1995 foi considerado o mellor defensa do mundo. Vestiu a camiseta da selección arxentina en 127 ocasións, antes de retirarse do equipo nacional arxentino no 2001.
Traxectoria Facundo Salinas comezou a súa carreira deportiva no seu país vestindo a camiseta do Leonardo Murialdo, converténdose en internacional absoluto. Chegou a Europa da man do Thiene, co que xogou na Serie A ata a súa fichaxe polo H.C. Liceo en 1993, converténdose nun piar fundamental dentro do equipo coruñés e capitán, co que gañou catro Copas do Rei, unha Recopa de Europa, unha Copa CERS e unha Copa de Europa, destacando este último título gañado nun Pazo dos Deportes de Riazor da cidade herculina cheo fronte ao Igualada HC no que marcou o gol decisivo da final na quenda de penaltis. Marcou 265 goles co Liceo, club que abandonou en 2004 para xogar unha tempada no Óquei Clube de Barcelos, antes de colgar os patíns no 2005.
No 2008, con 37 anos estivo a piques de asinar co daquela Cerceda Liceo (actual CP Cerceda), que daquela lideraba a 1ª DivisiónFacundo regresa al Liceo, aínda que finalmente non asinou por cuestións técnicas.
Palmarés H.C. Liceo 4 Copas do Rei: 1 Recopa de Europa: 1 Copa CERS: 1 Copa de Europa: 1 Super Copa de Europa 2 Super Copa de España
Notas
Salinas Salinas