José Ignacio Chao Castro, nado en Pontedeume en novembro de 1968, é un tradutor, poeta, xornalista e editor galego.

Traxectoria É licenciado en XornalismoUn editor debe ser, ante todo, bo lector, La Voz de Galicia o 4 de decembro de 2011. na Universidade Complutense de Madrid e ten un mestrado en Libros e Literatura Infantil e Xuvenil pola Universitat Autònoma de Barcelona. Durante dúas décadas exerceu o xornalismo cultural e a crítica literaria en prensa escrita, radio e televisión.

Dende 2007, traballa como coordinador literario no departamento de literatura do grupo Edelvives[https://www.goaragon.es/la-editorial-edelvives-entrega-sus-premios-literarios-por-primera-vez-en-zaragoza/ La editorial Edelvives entrega sus premios literarios por primera vez en Zaragoza, Goaragon.es, 5 de maio de 2022. . Encárgase así mesmo das coleccións Ala Delta e Catavento da Editorial Tambre, oficio que compaxina coa tradución, principalmente da literatura infantil e xuvenil e de maneira puntual da destinada ao público adulto.

Obra póetica e narrativa É autor dos libros de poesía Corazón de segundas partes (Sociedade Cultural Valle-Inclán, 1998; XVII premio Esquío de poesía 1997) e Taciturno peregrino ((Fotoxoguete, 2006), fotopoemario sobre o Camiño de Santiago. Algúns dos seus poemas están recollidos en escolmas colectivas: 25 anos de poesía galega (1975-2000) (La Voz de Galicia, 2002), Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra (Xerais-Espiral Maior, 2003) ou, en castelán, Madrid, once de marzo. Poemas para el recuerdo (Pre-Textos, 2004).

En 2020, publicou coa editorial Kalandraka o álbum Ninguén coma min (Autobiografía dun tirano), ilustrado por Eva Sánchez, tras quedar finalista do Premio Internacional Compostela de Álbum IlustradoRecensión da obra, Caderno da crítica, Ramón Niclás, 29 de xaneiro de 2020.. O libro formou parte da selección da OEPLI dese ano e foi recoñecido entre os vinte e cinco Mellores Libros para Nenos e Mozos do Banco do Libro de Venezuela 2021 e incluído na listaxe White Ravens, da Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic.

Obra traducida Tradutor especializado en literatura para mozos, en 2010 foi recoñecido na Lista de Honra do IBBY pola tradución ao galego da novela A noite d’O Risón, de Gonzalo Moure (Xerais, 2007).Distinguida coa inclusión na listaxe de Honra do IBBY en 2010 (modalidade de Tradución) . Dos case oitenta títulos que traduciu, figuran novelas importadas da literatura estadounidense como O neno perdido (Hugin e Munin, 2022), de Thomas Wolfe, ou A señorita Corazóns Solitarios (Hugin e Munin, 2025), de Nathanael West.

Obra Poesía Corazón de segundas partes, Soc. Cultural Valle-Inclán, 1998, XVII Premio Esquío de poesía Taciturno peregrino, Fotoxoguete, 2007.

Narrativa Ninguén coma min (autobiografía dun tirano), Kalandraka, 2020, Selección White Ravens 2021.

Tradución Literatura infantil (combinación castelán-galego) Moure, Gonzalo: Palabras de Caramelo; Xerais, 2003 Alapont, Pasqual: O segredo de Cristina; Xerais, 2004 Alapont, Pasqual: Vítor vai de excursión; Xerais, 2004 Desclot, Miquel: Amor de mar; Xerais, 2004 Fluixà, Josep A.: A cabeza máxica, Xerais, 2004 Gregori Soler, Teresa: O osiño de Tania; Xerais, 2004 Gregori, Josep: A bruxa tola; Xerais, 2004 Janer Manila, Gabriel: O cabalo; Xerais, 2004 Landa, Mariasun: A miña bicicleta testalana; Tambre-Edelvives, 2004 Landa, Mariasun: O carpín suicida; Xerais, 2004 Landa, Mariasun: Unha formiga orixinal; Xerais, 2004 Lluch, Enric: A avoa de Rosa; Xerais, 2004 Lluch, Enric: A ra; Xerais, 2004 Moure, Gonzalo: Maíto Panduro; Tambre-Edelvives, 2004 Muñoz Puelles, Vicente: O soño do libro; Xerais, 2004 Nado Sanjuán, Víctor: A bufanda verde; Xerais, 2004 Pellicer, Maria Dolors: Como soa, Xerais, 2004 Pellicer, Maria Dolors: O que vexo; Xerais, 2004 Soler Cobo, Teresa: Pirata; Xerais, 2004 Viana, Mercé: Os tres amigos; Xerais, 2004 Zubizarreta, Patxi: No parque; Xerais, 2004 Alapont, Pasqual: Sara fai preguntas; Xerais, 2005 Atxaga, Bernardo: A xente da miña aldea; Xerais, 2005 Calleja, Seve: Liña non quería ser nena; Xerais, 2005 Desclot, Miquel: As minas do rei Chang Py Ñong; Xerais, 2005 Fluixà, Josep A.: A narradora do deserto; Xerais, 2005 Gallego García, Laura: Un fantasma en apuros; Xerais, 2005 Genechten, Guido van: ¿Por qué, mamá?; Tambre-Edelvives, 2005 Igerabide, Juan Kruz: ¡Que ica!; Xerais, 2005 Janer Manila, Gabriel: Nun porto de mar; Xerais, 2005 Lluch, Enric: Un frasco de caramelos; Xerais, 2005 Molist, Pep: Bágoas de crocodilo; Tambre-Edelvives, 2005 Muñoz Puelles, Vicente: A sombra de Laura; Xerais, 2005 Sennell, Joles: A bruxa desdentada; Xerais, 2005 Zubizarreta, Patxi: Unha estatua e dous artistas; Xerais, 2005 Slegers, Liesbet: Iago e Uxía; Tambre-Edelvives, 2006 Slegers, Liesbet: Iago no outono; Tambre-Edelvives, 2006 Slegers, Liesbet: Uxía no verán; Tambre-Edelvives, 2006 Calveiro, Marcos S.: El cartero de Bagdad; Edelvives, 2007 Genechten, Guido van: Tito fai de domador; Tambre-Edelvives, 2007 Genechten, Guido van: Tito fai de mago; Tambre-Edelvives, 2007Ficha , Edelvives.com . Genechten, Guido van: Tito fai de malabarista; Tambre-Edelvives, 2007 Rodari, Gianni: Xogos de fantasía; Tambre-Edelvives, 2007 Slegers, Liesbet: Uxía axuda a súa nai; Tambre-Edelvives, 2007 Slegers, Liesbet: Uxía muda de casa; Tambre-Edelvives, 2007 Slegers, Liesbet: Uxía no invierno; Tambre-Edelvives, 2007 Slegers, Liesbet: Xela, ¿que estou a oír?; Tambre-Edelvives, 2008 Slegers, Liesbet: Xela, ¿que estou a tocar?; Tambre-Edelvives, 2008 Slegers, Liesbet: Xela, ¿que estou a ver?; Tambre-Edelvives, 2008 Slegers, Liesbet: Iago; Tambre-Edelvives, 2009 Slegers, Liesbet: Xurxo, a durmir; Tambre-Edelvives, 2009 Slegers, Liesbet: Xurxo, a xantar; Tambre-Edelvives, 2009 Slegers, Liesbet: Xurxo, o meu aniversario; Tambre-Edelvives, 2009 Slegers, Liesbet: Xurxo, vístome; Tambre-Edelvives, 2009 Alcántara, Ricardo: Os disfraces de Tento; Tambre-Edelvives, 2010 Alcántara, Ricardo: Quen é Tento; Tambre-Edelvives, 2010 Alcántara, Ricardo: Tento busca o seu osiño; Tambre-Edelvives, 2010 Alcántara, Ricardo: Tento e a cor do mar; Tambre-Edelvives, 2010 Slegers, Liesbet: Xurxo, a xogar; Tambre-Edelvives, 2010 Slegers, Liesbet: Xurxo, voume bañar; Tambre-Edelvives, 2010 Painset, Marie-France: Cinco en la cama; Edelvives, 2019 Atelier Saje: Cinco zorritos; Edelvives, 2021

Literatura xuvenil (combinación castelán-galego) Girin, Michel: A praia das tartarugas; Tambre-Edelvives, 2004 Gómez, Ricardo: O cazador de estrelas; Tambre-Edelvives, 2004 Moure, Gonzalo: Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake; Xerais, 2004 Climent, Paco: Cando Verne amarrou en Vigo; Tambre-Edelvives, 2005 Moure, Gonzalo: Un loto na neve; Tambre-Edelvives, 2006 Moure, Gonzalo: A noite d'O Risón; Xerais, 2007 Sierra i Fabra, Jordi: Do outro lado do espello; Xerais, 2007

Literatura xuvenil (combinación catalán-galego) Alapont, Pasqual: O inferno de Marta; Xerais, 2004 Delgado, Josep-Francesc: Sagarmatha; Xerais, 2005 Alapont, Pasqual: Barrotes dourados; Xerais, 2007 Martín, Andreu: A noite que Wendy aprendeu a voar; Xerais, 2008

Literatura xuvenil (combinación galego-castelán) Toro, Xelís de: Tras las huellas del inglés; Tambre-Edelvives, 2005

Literatura para público adulto (combinación castelán-galego) Terré, Ricard: Cruces 2001; Ed. Fotoxoguete, 2006

Literatura para público adulto (combinación inglés-galego) Wolfe, Thomas: O neno perdido; Hugin e Munin, 2022 West, Nathanael: A señorita Corazóns Solitarios; Hugin e Munin, 2025

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas José Ignacio Chao Castro na Biblioteca da Tradución Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Premio Esquío Categoría:Nados en 1968 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores do castelán