Bakersfield é a capital do condado de Kern (California) nos Estados Unidos. É unha das cidades con maior crecemento demográfico dos Estados Unidos, no censo de 2000 tiña 247.057 habitantes, pero en 2005 a poboación chega xa a 307.471. A economía da cidade baséase na extracción e refinado do petróleo.
Linguas 72,9% inglés 22,1% castelán 0,7% tagalo 0,5% chinés.
Historia Os indios yokut levaban asentados no val de San Xoaquín dende había 8000 anos, en 1776 o Padre Francisco Garcés foi o primeiro europeo en chegar á zona, en 1851 descubriuse ouro no río Kern, pero non foi ata 1858 en que se estableceu o primeiro asentamento, que se consolidou cando en 1865 se abriu o primeiro campo de petróleo, chegando aos 300 habitantes en 1869 e aos 800 en 1871.
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial de Bakersfield
Categoría:Cidades de California