The Rescuers é un filme de animación do ano 1977. Foi o vixésimo terceiro filme producido por Walt Disney Pictures. Foi estreado o 22 de xuño de 1977 e distribuído por Buena Vista Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.

O filme foi inspirado por unha serie de libros infantís escritos por Margery Sharp, en especial "The Rescuers" e "Miss Bianca". Estivo catro anos en produción, combinando os talentos de máis de 250 persoas, incluíndo 40 animadores que produciron aproximadamente 330.000 debuxos; houbo 14 secuencias con 1.039 escenas separadas e 750 decorados.

Sinopse

O filme é sobre unha sociedade de ratos, chamada Rescue Aid Society, localizada en Nova York no soto do edificio das Nacións Unidas, que fan o ben no mundo real. Dous destes ratos, un conserxe chamado Bernard e a elegante delegada de Hungría, chamada Miss Bianca, acoden ao rescate de Penny, unha pícara orfa que foi secuestrada, coa axuda do cómico albatros Orville e unha variedade de animais habitantes do pantano na illa na que Penny está sendo cativa.

Personaxes Eva Gabor como Miss Bianca Bob Newhart como Bernard Geraldine Page como Madame Medusa Michelle Stacy como Penny Joe Flynn como Mr. Snoops Jim Jordan como Orville John McIntire como Rufus Jeanette Nolan como Ellie Mae Pat Buttram como Luke James MacDonald como Evinrude Bernard Fox como Chairman George Lindsey como Deadeye Larry Clemmons como Gramps Dub Taylor como Digger John Fiedler como Deacon Owl Shelby Flint como Cantante Bill McMillian como Presentador de televisión

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wolfgang Reitherman Categoría:Filmes dirixidos por John Lounsbery Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre as Nacións Unidas