Zee TV é unha cadea de televisión por satélite da India propiedade de Zee Entertainment Enterprises, que é parte de Essel Group, e que ten a súa sede en Mumbai, (Maharashtra), que emite programación en hindi e noutras linguas da India. As súas emisións chegan a Asia Meridional, Europa, Oriente Medio, África, Asia Oriental, Australasia e América do Norte.
Traxectoria
Zee TV fundouna Subhash Chandra en outubro de 1992, foi a primeira canle por satélite en hindi, en principio tiña un acorde de cooperación con STAR TV, non obstante, STAR finalizou a súa colaboración con ZEE TV cando News Corporation de Rupert Murdoch mercou STAR TV. Zee TV chegou ao Reino Unido en 1995 e aos Estados Unidos en 1998, país onde algúns programas subtitúlanse en inglés e onde algúns anuncios tamén se emiten nesa lingua.
Notas
Ligazóns externas Zee TV India
Categoría:Cadeas de televisión de Asia