William Kati (Smiley) Heather, nado o 7 de xullo de 1958 en Rarotonga, é un político das Illas Cook.

Traxectoria

Estudou na súa illa natal e secundaria en Wellington. Entre 1980 e 1997 Heather xogou na Selección de rugby das Illas Cook, logo traballou como funcionario público no Ministerio de Traballo antes de ser elixido para o parlamento nas eleccións de 2006 pola circunscrición de Ruaau como demócrata. En decembro de 2009 entrou no gabinete, logo do cesamento de Terepai Maoate e a marcha dos ministros demócratas, como ministro de Transporte, Infraestruturas e Enerxía, como resultado o partido expulsouno o 8 de abril de 2010, aínda que máis tarde volveu ser readmitido.

Heather é o irmán máis vello do político do Partido das Illas Cook Teariki Heather.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no Parlamento

Categoría:Ministros das Illas Cook Heather