Décimo Celio Calvino Balbino (orixinalmente, en latín, Decimus Caelius Calvinus Balbinus ) nado en 178 e finado o 29 de xullo de 238, foi un emperador romano durante meses conxuntamente con Pupieno.

Traxectoria Balbino pertencía á familia nobre romana dos Caelio. O 22 de abril do 238 o Senado proclamouno emperador, xunto a Pupieno, para rexeitar a Maximino Tracio, que avanzaba cara Roma. A morte de Máximo polos seus propios soldados non lles axudou a se manteren no poder, a ameaza de invasión de partos e xermanos e a súa impopularidade levaron á Garda Pretoriana a asasinalos durante unha discusión entre os dous emperadores, despois de só 99 días no poder.

miniatura|O busto de Balbino nunha moeda romana (antoniniano de 238).|centro

Categoría:Emperadores romanos Categoría:Nados en 178 Categoría:Finados en 238