Josep Enric Rabassa Llompart, nado en Barcelona o 19 de abril de 1920 e finado o 29 de decembro de 1980, foi un adestrador de fútbol español.

Traxectoria En 1960 adestrou o FC Barcelona nas eliminatorias que disputou en Copa do Xeneralísmo e Copa de Feiras cando era adestrador do CD Condal. O técnico principal do club catalán era Helenio Herrera.

Na tempada 1961–62 fíxose cargo do CD Tenerife na xornada 20, sendo o terceiro adestrador do equipo esa campaña e sen conseguir evitar o descenso como último clasificado.

Na tempada 1962–63 foi contratado polo Deportivo da Coruña, mais foi destituído na xornada 10 tras obter 6 derrotas, 3 vitorias e 1 empate, sendo substituído por Rodrigo García Vizoso.

Na campaña 1963–64 adestrou o CE L'Hospitalet, en Segunda División.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Adestradores do CD Tenerife Categoría:Adestradores do CE L'Hospitalet Categoría:Xogadores da UE Sants Categoría:Adestradores do Atlético Baleares Categoría:Adestradores do CF Reus Deportiu