Antonio Bilbatúa Zubeldia, nado en Sarria o 23 de maio de 1894 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un político e dirixente socialista galego de orixe vasca.

Traxectoria Fillo de Tomás Bilbatúa Urien, traballador na construción das vías do ferrocarril, e Luisa Zubeldia Oraa. Cursou os primeiros estudos e o bacharelato en Madrid. Traballou de oficial de telégrafos e militou no PSOE. En xuño de 1915 aprobou as oposicións ao corpo de telegrafistas. Foi elixido deputado da Fronte Popular pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Vigo xunto a outros dirixentes de esquerda da cidadeGalicia mártir , de Hernán Quijano.. miniatura|Antonio Bilbatúa xunto ao futbolista Ramón González na guerra do Rif (1921). O 20 de agosto foi condenado a morte nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, e fusilado no camposanto de Pereiró unha semana despois xunto cos outros membros do Comité da Fronte Popular de Vigo: o seu irmán Demetrio, o alcalde Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores José Antela Conde, e os deputados socialistas Enrique Heraclio Botana e Ignacio SeoaneAsasinados en Vigo durante a Guerra Civil.. Outro dos seus irmáns, Luís Bilbatúa Zubeldia, tamén foi asasinado polos falanxistas o 15 de setembro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos