O loti é a moeda oficial do reino de Lesotho. O loti está fixado ao rand surafricano á par grazas á Área Monetaria Común, polo que o rand é tamén moeda de curso legal en Lesotho. O seu código ISO 4217 é LSL e empréganse as abreviacións L (loti) e M (maloti, plural) e subdivídese en 100 lisente (sente en singular). O seu nome provén dos montes do Maluti ou Maloti, que forman un dos extremos setentrionais dos montes de Drakensberg.
O loti introduciuse por primeira vez en 1966 aínda que non como moeda destinada á circulación. En 1980 Lesotho emitiu as primeiras moedas con denominacións en lotis e lisente para substituír o rand surafricano.
Véxase tamén Ligazóns externas Banc Central de Lesotho
Lesotho Categoría:Moedas de Lesotho Categoría:ISO 4217