O gato ou gato doméstico (Felis silvestris catus ou Felis catus), chamado familiarmente micho ou mico, é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Os humanos adoitan valorar estes animais pola súa compañía e pola súa capacidade de cazar pequenos animais coma os ratos. Existen máis de setenta razas de gatos recoñecidas por varios rexistros.

Os gatos posúen unha anatomía semellante á doutros félidos, cun corpo forte e flexible, rápidos reflexos, unllas retráctiles afiadas e dentes adaptados para a caza de pequenas presas. Os sentidos de gato entran dentro dun nicho ecolóxico crepuscular e predatorio. Estes animais poden escoitar sons demasiado leves ou cunha frecuencia demasiado alta para o oído humano, como os que emiten os ratos e outros pequenos animais, e poden ver en condicións de escuridade. Ó igual que a maioría de mamíferos, os gatos teñen unha peor visión en cor e un mellor sentido do olfacto que os humanos. Malia ser cazadores solitarios, os gatos son unha especie social, e a súa comunicación inclúe o uso dunha variedade de vocalizacións (por exemplo ronronando ou miañando) ademais da emisión de feromonas e da linguaxe corporal específica.

Debido á veneración polos gatos no antigo Exipto, a crenza popular máis común foi a de atribuír a súa domesticación a esta época e lugar, mais coñécense instancias de domesticación máis temperás que datan do Neolítico, ó redor do ano 7500 a.C. Un estudo xenético de 2007 concluíu que tódolos gatos domésticos descenden de gatos salvaxes do Oriente Medio, diverxendo destes ó redor do ano 8000 a.C. no propio Oriente Medio, e outro estudo de 2017 confirmou que os gatos domésticos descenden destes primeiros gatos domesticados no Oriente Medio. Por outra banda, un estudo de 2016 concluíu que o Prionailurus bengalensis pasara por un proceso de domesticación independente na China ó redor do ano 5500 a.C., malia que esta liña particular de gatos domesticados non deixou traza nas poboacións domésticas actuais.

Etimoloxía O seu nome común procede do latín vulgar ("gato doméstico"), á súa vez do latín (usado ó redor do ano 75 d. C. por Marco Valerio Marcial).. Considérase que a palabra latina podería ter a súa orixe nunha lingua afroasiática, mais tódalas palabras destas linguas propostas como orixe presentan problemas. Un gran número de referencias indican o termo cabila ("gato salvaxe") e o termo nubio como posibles fontes ou cognados, pero segundo Lionel Bender o termo nubio é un préstamo do árabe (). Jean-Paul Savignac suxeriu que a palabra latina procedía dun precursor exipcio do copto () ou da súa forma en feminino, mais segundo John Huehnergard "a fonte [...] era claramente non exipcia en si mesma, onde non se testemuña ningunha forma análoga".

Taxonomía e evolución O gato pertence á familia dos félidos, unha familia de mamíferos de rápida evolución que comparte un devanceiro común de hai entre 10 e 15 millóns de anos e inclúe os leóns, os tigres e os pumas entre outros. Dentro desta familia, o gato (Felis silvestris catus) forma parte do xénero Felis, que é un grupo de pequenos felinos composto por unhas sete especies (dependendo do esquema de clasificación que se teña en conta). Os membros deste xénero atópanse en tódalas rexións do mundo e inclúen o Felis chaus no sueste asiático, o F. silvestris silvestris europeo , o F. s. lybica africano, o F. bieti chinés e o F. margarita de Arabia entre outros.

O gato doméstico tería evolucionado do Felis silvestris lybica, que abarca un rango de grandes porcións do Oriente Medio en dirección oeste cara á costa atlántica de África. Hai entre uns 70000 e 100000 anos, este animal daría lugar á liñaxe xenética que eventualmente produciu os gatos domesticados,House Cat Origin Traced to Middle Eastern Wildcat Ancestor Brian Handwerk for National Geographic News, 28 de xuño de 2007 diverxendo do gato salvaxe ó redor do ano 8000 a. C. no Oriente Medio.

Linneo clasificou inicialmente ós gatos como Felis catus na súa 10ª edición de Systema Naturae publicada en 1758. Debido á filoxenética moderna, os gatos domésticos adoitan considerarse outra subespecie do gato salvaxe, F. silvestris. Isto deu como resultado unha mestura no uso dos termos, xa que o gato doméstico pode denominarse polo seu nome de subespecie, Felis silvestris catus. Os gatos salvaxes tamén recibiron en ocasións a clasificación de varias subespecies de F. catus, mais no ano 2003 a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica fixou o nome para os gatos salvaxes como F. silvestris. O nome científico máis común en uso para o gato doméstico é F. catus. En ocasións tamén se denominaron Felis domesticus seguindo a proposta do naturalista alemán J. C. P. Erxleben en 1777, mais estes non son nomes taxonómicos válidos e só se empregaron en contadas ocasións na literatura científica.

En comparación cos cans, os gatos non sufriron cambios maiores durante o seu proceso de domesticación, xa que as formas e o comportamento do gato doméstico non son radicalmente diferentes ás dos gatos bravos, e os gatos domésticos son perfectamente capaces de sobrevivir en liberdade na natureza. É común que gatos domésticos completamente domesticados se crucen con poboacións silvestres de F. catus, producindo híbridos como o gato de Kellas. Esta limitada evolución durante a domesticación significa que a hibridación pode darse con moitos outros félidos, sendo notable no caso do Prionailurus bengalensis asiático. Hai varios comportamentos naturais e características dos gatos bravos que os predispuxeron para a súa domesticación como mascotas. Entre estas características está o seu pequeno tamaño, a súa natureza social, a súa linguaxe corporal obvia, o gusto polo xogo e a súa relativa alta intelixencia.

Os gatos manteñen unha relación ben mutualista ou comensal cos humanos. Existen dúas teorías principais sobre a domesticación dos gatos. Nunha delas indícase que as persoas domesticaron ós gatos deliberadamente mediante un proceso de selección artificial por seren útiles predadores de alimañas. Esta teoría foi criticada por improbable, xa que a recompensa por un esforzo tal sería moi pequena. Os gatos xeralmente non seguen instrucións, e malia que comen roedores, outras especies coma os furóns ou os cans Terrier poden ser mellores para controlar este tipo de pragas. A teoría alternativa indica que a xente simplemente toleraba os gatos, e que estes diverxeron gradualmente dos seus parentes salvaxes mediante un proceso de selección natural, adaptándose á cazar as alimañas atopadas preto dos humanos nas aldeas e vilas.

Bioloxía Anatomía miniatura|300px|Diagrama do esqueleto dun gato Os gatos domésticos teñen un tamaño semellante ó doutros membros do xénero Felis, pesando habitualmente entre uns 4 e 5 kg. Algunhas razas coma o Maine Coon poden exceder en ocasións os 11 kg de peso. Pola contra, tamén existen rexistros da existencia de exemplares de gatos domésticos moi pequenos, de menos de 2 kg de peso. Adoitan medir unha media de entre 23 e 25 cm de altura e uns 46 cm de lonxitude de cabeza e corpo, sendo os machos habitualmente máis longos que as femias, con colas que miden de media uns 30 cm de largo.

Os gatos posúen sete vértebras cervicais, da mesma forma que a maioría de mamíferos. Teñen 13 vértebras torácicas, sete vértebras lumbares, tres vértebras do sacro e un número variable de vértebras caudais na súa cola. Este número de vértebras lumbares e torácicas son as que lle outorgan ós gatos a súa mobilidade espiñal e flexibilidade. Unidas ó espiñazo teñen 13 costelas, os ombros e a pelve. A diferenza dos brazos humanos, as extremidades superiores dos gatos únense ós ombros por medio de clavículas flotantes libres, que lles permiten pasar o seu corpo por calquera espazo no que lles caiba a cabeza.

miniatura|esquerda|upright=1.5|lang=gl|Esquema da anatomía xeral dun gato macho O cranio dos gatos é infrecuente entre os mamíferos por ter unhas órbitas de gran tamaño e unha forte mandíbula especializada. Na mandíbula os gatos posúen dentes adaptados para matar as súas presas e desgarrar carne. Cando conseguen cazar unha presa, os gatos dánlle unha mordedura letal no pescozo cos seus dous cairos, inseríndoos entre as vértebras da presa e cortándolle a medula espiñal, o que lles provoca unha parálise irreversible e a morte. Comparados con outros felinos, os gatos domésticos teñen os caninos moi preto o un do outro, sendo isto unha adaptación á súa presa preferida de pequenos roedores con pequenas vértebras. O premolar e o primeiro molar compoñen o par carniceiro en cada lado da boca, encargados de rillar de forma eficiente a carne en anacos, como se fosen unhas tesoiras. Estes dentes resultan vitais na súa alimentación, xa que os pequenos molares dos gatos fan que estes sexan practicamente incapaces de mastigar. Malia que os gatos adoitan ter unha mellor dentadura que a maioría dos humanos, cun menor decaemento xeral por mor dunha capa protectora de esmalte máis grosa, unha saliva menos destrutiva, menos retención de partículas de comida entre os dentes e unha dieta na súa maioría libre de azucres, están non obstante suxeitos ás perdas ocasionais de dentes e a infeccións.

Os gatos son dixitígrados, camiñan directamente sobre as súas dedas, mentres que os ósos dos seus pés compoñen a parte inferior da perna visible. Son capaces de camiñar con gran precisión, e ó igual que tódolos felinos pousan cada pata traseira directamente no mesmo lugar onde pousan a pata dianteira correspondente, minimizando o ruído e pegadas visibles que producen. Isto tamén lles proporciona un agarre máis seguro para as súas patas traseiras cando atravesan terreos difíciles. A diferenza da maioría dos mamíferos, o andar dos gatos e rítmico, movendo as dúas patas dun costado antes que as patas do outro. Comparten esta característica cos camelos e coas xirafas. Cando aceleran o paso ata un ritmo de trote, o seu andar cambia a un "diagonal", semellante ó da maioría de mamíferos e outros animais terrestres coma os lagartos, no que as patas traseiras e dianteiras diagonalmente opostas se moven de forma simultánea.

Como case tódolos félidos, os gatos posúen poutas protráctiles e retráctiles. Na súa posición relaxada as garras quedan gardadas entre a pelaxe e a pel ó redor das dedas das súas patas. Isto mantén as unllas afiadas ó previr que entren en contacto co chan, e permítenlles asexar ás presas de forma silenciosa. As garras das patas dianteiras adoitan ser máis afiadas que as das patas traseiras. Os gatos poden estender as garras de forma voluntaria, habitualmente en defensa propia, para escalar, cando amasan ou cando precisan dunha tracción extra en superficies brandas. A maioría dos gatos posúen cinco garras nas patas dianteiras, e catro nas traseiras. A quinta garra dianteira é proximal en relación ó resto. Tamén posúen unha protusión que se asemella a unha sexta deda. Estas xemas carpais na parte interior dos pulsos das patas dianteiras, presentes tamén nas gadoupas doutros grandes felinos e dos cans, non teñen unha función no camiñar normal, mais sérvenlles como axuda para non esvarar cando saltan. Algunhas razas de gatos son propensas á polidactilia, algo particularmente común na costa nordeste de Norteamérica.

Fisioloxía miniatura|Termografía de varias partes do corpo dun gato