Luis González Taboada, nado en Lalín o 4 de xuño de 1918 e finado na mesma vila o 1 de agosto de 2009, foi un médico e político galego, alcalde de Lalín.

Traxectoria Fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela e estudou medicina nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Foi médico interno do Hospital Clínico de San Carlos de Madrid. Militante de Falange dende 1935, combateu na guerra. Concelleiro de Lalín polo terzo de cabezas de familia dende 1947, foi nomeado alcalde de Lalín polo Ministro da Gobernación en 1957, tomando posesión o 20 de xullo.La Noche, 23-7-1957, p. 7. Premaneceu no cargo ata as primeiras eleccións democráticas en 1979. Foi tamén deputado provincial na Deputación de Pontevedra. Foi impulsor da Feira do cocido de Lalín. Foi proclamado candidato a procurador en Cortes en setembro de 1971,El Pueblo Gallego, 15-9-1971, p. 14. aínda que uns días despois retirou a súa candidatura.El Pueblo Gallego, 25-9-1971, p. 16. Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como concelleiro na candidatura de Coalición Democrática, que foi derrotada pola lista independente encabezada por Xosé Cuíña. Finou en Lalín o 1 de agosto de 2009.

Recoñecementos Medalla da Vieja Guardia. Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros, 1958. Orden Imperial del Yugo y las Flechas. Encomienda de Número de Mérito Civil. Foi nomeado Fillo predilecto de Lalín. Unha rúa na vila de Lalín leva o seu nome.

Vida persoal

Casou con Luisa Aller Pinacho e foi pai de Nicolás González Aller e outros sete fillos. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Recensión biográfica

Categoría:Médicos de Lalín Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Lalín Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes