Repsol é unha empresa española derivada da antiga CAMPSA (Compañía del Monopolio de Petróleos), á que se lle puxo o nome dun dos seus produtos a raíz da facilidade do seu pronunciamento. Historia Repsol S.A. é unha sociedade anónima, fundada en 1987 e na súa orixe formada pola agrupación dunha serie de compañías, previamente pertencentes ao Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH), con actividades na exploración, produción, transporte e refino de petróleo e gas. Tamén fabrica, distribúe e comercializa derivados do petróleo, produtos petroquímicos e gas licuado e vende gas natural.

O seu nome deriva da marca de lubricantes comercializada por REPESA (Refinería de Petróleos de Vertedoiros), pola súa notoriedade e fácil pronuncia en diferentes idiomas e co obxectivo de transformarse nunha marca líder, de prestixio e recoñecemento mundial. En 1991, o Instituto Nacional de Hidrocarburos (INH) ante a inminente desaparición do monopolio estatal de petróleos fixouse o obxectivo de crear unha empresa de capital mixto público - privado que explotase os activos petroleiros do Estado. Á hora de buscarlle nome realizouse unha enquisa a nivel de rúa e as dúas únicas palabras que a xente recoñeceu e asociou co mundo do petróleo foron CAMPSA (distintivo do antigo monopolio) e REPSOL. Obviamente, elixiuse esta última para dar nome á nova sociedade.

Cando en 1999 Repsol adquiriu practicamente a totalidade das accións da petroleira estatal arxentina YPF, a sociedade pasou a chamarse Repsol YPF, S.A. constituíndo unha empresa multinacional integrada de petróleo e gas natural, converténdose nunha das maiores petroleiras privadas do mundo, con operacións en máis de trinta países, e sendo a maior compañía privada enerxética en Hispanoamérica, en termo de activos.

Repsol opera en máis de 30 países e emprega a máis de 37 000 persoas de múltiples nacionalidades.

O grupo Repsol YPF opera principalmente nas áreas de: miniatura|260px|Sede (Madrid). Exploración e produción. Refino e comercialización. Química. Gas e Electricidade. En 2020 comeza a redución da importancia do petróleo na empresa, tendo reducido a menos da metade as exploracións de novos xacementos petrolíferos en relación a 2019, e a unha terceira parte en relación a 2008.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Refinería da Coruña

Ligazóns externas Sitio web de Repsol YPF

Categoría:Empresas de España Categoría:Ibex 35 Categoría:Empresas petroleiras Categoría:Empresas eléctricas