Casimiro Fernández Otero, nado en Manduas en 1915 e finado na Bandeira o 23 de xullo de 2000, foi un avogado e político galego, alcalde de Silleda.
Traxectoria Combateu na guerra civil española. Afiliado a Falange Española Tradicionalista y de las JONS, foi nomeado concelleiro de Silleda en 1940. En 1946 foi nomeado Xefe local do Movimiento. Foi alcalde de Silleda entre 1957 e 1966. Foi nomeado de novo alcalde en marzo de 1976, logo da morte de Alfonso Trabazo. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse por UCD, obtendo a maioría. Nas municipais de 1983 presentouse pola Coalición Independientes de Galicia (CIG), obtendo 7 concelleiros e a alcaldía grazas a un pacto co PSdeG. Posteriormente Casimiro Fernández expulsou os edís do PSdeG da Comisión de goberno e pactou con AP.
Vida persoal
Casou con María Santa Viz Méndez e foi pai de Casimiro, María Santa, Javier, Luís Alberto, José Ramón, Juan Carlos e Antonio Fernández Viz. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Silleda
Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes