Jesús García Calvo, nado en Logrosa (Negreira) en 1921 e finado o 12 de febreiro de 2011, foi un rexistrador da propiedade, avogado e empresario cooperativista galego.
Traxectoria Entrou na Universidade de Santiago ao pouco de rematar a guerra civil, e licenciouse en Dereito en 1944. De emprego rexistrador da propiedade, traballo ao que chegou por oposición en 1949, o seu papel más importante foi a cofundadoción da cooperativa Feiraco (1968) xunto con Maximino Viaño e 50 cooperativistas máis. Tamén foi o seu primeiro presidente, cargo que ostentou ata xuño de 2008. Despois continuou vinculado a Feiraco como presidente de honra ata o seu falecemento.
García Calvo ocupou distintos cargos vinculados ao sector primario na comarca santiaguesa. Foi membro do consello de administración da madeireira Finsa e da Caixa Rural Provincial da Coruña, así como presidente de UTECO na provincia da Coruña, a organización cooperativista.
Foi presidente do consello social da Universidade de Santiago de Compostela.
Honras Premio Agrario de Galicia 2005. Medalla de Ouro da Universidade de Santiago. Medalla de Ouro da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela. comendador da Orde do Mérito Civil Agrícola. O campo de fútbol de Negreira leva o seu nome.
Vida persoal Casou con Alvarina López.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Noticia do falecemento en Xornal de Galicia
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela