Christopher Nusa Ohenhen, coñecido como Ohen, nado o 14 de outubro de 1970 en Benin City, é un exfutbolista nixeriano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección nixeriana.

Traxectoria Comezou xogando no seu país no Julius Berger e, tras destacar no Mundial Xuvenil de 1989 foi contratado polo Real Madrid, aínda que non chegou a debutar co primeiro equipo. No Real Madrid Castilla estivo adestrado por Vicente del Bosque. En 1991 recalou na SD Compostela, coa que conseguiu o ascenso á primeira división na temporada 1993/94. Xogou no Compostela os catro anos que o equipo permaneceu na máxima categoría do fútbol español, converténdose no máximo goleador da súa historia na primeira división.

Tras unha frouxa temporada e lastrado polas lesións, o equipo descendeu á segunda división e el marchou cedido ao Beşiktaş, onde seguiron os seus problemas musculares, perdendo temporada e media. Volveu xogar na segunda división co Compostela e tras un breve paso polo Leganés, regresou a Nixeria para xogar no seu primeiro club, no que se retirou no ano 2002.

Foi preseleccionado para ir ao Mundial de Fútbol de 1998 coa selección de Nixeria, pero finalmente non foi convocado.

Estatísticas

{| class="wikitable" temp.clubpaísligapart.goles 1988/89Julius Berger NixeriaLiga Nixeriana---- 1989/90Real Madrid Castilla EspañaSegunda División00 1990/91Real Madrid Castilla EspañaSegunda División00 1991/92SD CompostelaEspañaSegunda División50 1992/93SD CompostelaEspañaSegunda División237 1993/94SD CompostelaEspañaSegunda División3413 1994/95SD CompostelaEspañaPrimeira División3114 1995/96SD CompostelaEspañaPrimeira División3411 1996/97SD CompostelaEspañaPrimeira División3317 1997/98SD CompostelaEspañaPrimeira División196 1998/99Beşiktaş TurquíaPrimeira División Turca1710 2000/01SD CompostelaEspañaSegunda División172 2001/02CD Leganés - Julius BergerEspaña - NixeriaSegunda División30 | ||Total || || || 216||80 '''

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Player profile at National-Football-Teams.com Player profile at PlayerHistory.com

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Benin City Categoría:Futbolistas de Nixeria Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Nixeria Categoría:Personalidades sen imaxes