Alfonso Magariños Sueiro, nado en Arcos de Furcos (Cuntis) o 3 de outubro de 1936, é un sociólogo e historiador galego.
Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias Sociais e Teoloxía pola Universidade de Santo Tomé-Roma. Desempeñou os cargos de profesor de Socioloxía na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Vigo, cidade onde reside desde 1971, e de Xeografía e Historia nos Institutos Politécnico de Vigo, A Guarda, Marín e Mos.
Dedicouse á investigación histórica e sociolóxica, da que son froito os diversos ensaios publicados. Tamén colaborou ocasionalmente na prensa.
Obras en galego Ensaio A emigración: modernización e cambio social na Galicia contemporánea (1900-1936), 1999, Laiovento. A obra educativa e cultural dos emigrados: Prensa da Emigración e Sociedades de Instrucción en Galicia (1900-1936), 2000, Ediciós do Castro. A demografía na Galicia contemporánea (1900-1936), 2003, Toxosoutos.
Obras colectivas Galicia: conflicto e supervivencia, 1979, Editorial Castrelos. O monte comunal en Galicia: unha historia de resistencia, 1999, A Fouce Edicións, A Estrada.
Obras en castelán Ensaio Sacerdotes de ayer: notas históricas para la reflexión de hoy, 1972, Progaganda Popular Católica (Madrid). La Iglesia en la Galicia contemporánea: 1931-1936, 1978, Akal, en colaboración con Francisco Carballo. Los gallegos, 1979, Epidauro (Barcelona).
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Nados en 1936