"Seven Nation Army" é unha canción da banda estadounidense de garage rock The White Stripes, editada como sinxelo do seu álbum Elephant o 7 de marzo do 2003. O tema estivo no número 1 da lista Modern Rock Tracks durante tres semanas, e gañou o Grammy do 2004 á mellor canción de rock. Seven Nation Army é coñecida polo seu riff de guitarra, que pode escoitarse en case toda a canción. A pesar de que soa como un baixo (instrumento que a banda non usa), o son foi realmente creado por Jack White cunha guitarra semi-acústica usando un pedal Digitech Whammy para baixarlle unha oitava. O riff foi composto nunha proba de son antes dun concerto no Corner Hotel en Melbourne, Australia, segundo as notas do libreto que acompaña ao DVD Under Blackpool Lights. O riff ispirouse no tema principal da Sinfonía nº 5 de Anton Bruckner.

"Seven Nation Army" é como Jack White adoitaba a referirse ao Exército de Salvación (Salvation Army en inglés) cando era un neno.

Rolling Stone situou a "Seven Nation Army" no posto 286 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os tempos

Listaxe de cancións "Seven Nation Army" "Good to Me" (Brendan Benson) "Black Jack Davey" (Tradicional)

O sinxelo en 7" só contén os dous primeiros temas.

Notas

Categoría:Sinxelos de 2003 Categoría:Cancións de The White Stripes Categoría:Composicións musicais de garage rock