Eric Schweig, nado como Ray Dean Thrasher en Inuvik, Territorios do Noroeste, Canadá, o 19 de xuño de 1967Mike Antonucci, "An actor's odyssey: Drinking, homelessness preceded movie success", San Jose Mercury News, 25 de setembro de 2002 é un actor coñecido polo seu papel de fillo de Chingachgook, Uncas, no filme O derradeiro dos mohicanos (1992).
Traxectoria Fillo dunha muller inuit e dun pai de ascendencia portuguesa, alemá e senegalesa. É o máis vello de sete irmáns que foron todos adoptados como parte dun intento marrado do goberno do Canadá en forzar aos fillos dos inuit e Primeiras Nacións para asimilarse á sociedade branca. A súa nai biolóxica morreu de alcoholismo en 1989 e el nunca chegou a coñecela. "Non bebeu nin unha pinga de alcohol ata que nos levaron", dixo Schweig. "Formamos parte de todo o programa de asimilación, quitado á forza, aínda que os meus pais adoptivos dixéronme que non"., "Urban NDN" xaneiro de 2009 Cando tiña seis meses, foi adoptado por unha parella franco-alemá de fala inglesa. Pasou a súa infancia en Inuvik ata os seis anos, cando a súa familia se trasladou ás Bermudas. Despois volveron ao Canadá.
"Acabei cansando de vivir nunha prisión sen paredes e fuxín cando tiña 16 anos. O que aconteceu entre daquela e agora foi unha montaña rusa de alcohol, drogas, violencia, relacións fracasadas, desesperación e confusión. Quen son eu? De onde veño? Onde está a miña familia? A onde pertenzo? Cando o misterio da vida foi esnaquizado por estraños que vixían por ti, moitas destas preguntas pérdense"."Adoption Speech" 19 de febreiro de 1999, Vancouver Inner City Foster Care Conference, (Consultado o 11 de outubro de 2009)
Eric fuxiu a Toronto, Ontario e en 1987, ós vinte anos de idade, un produtor de cine suxeriulle que fixera unha audición para o filme The Shaman's Source. A pesar de non ter formación no mundo do teatro, gañou o papel. Ese primeiro filme foi o que o lanzou á industria cinematográfica.
Os seus papeis máis memorables son o de Uncas, no filme O derradeiro dos mohicanos, e o de Pike Dexter, no filme Big Eden.
Filmografía Ano Título Papel Notas 1990 The Shaman's Source Robert Crow 1992 By Way of the Stars Tormenta negra Miniserie de televisión O derradeiro dos mohicanos Uncas 1993 For Love and Glory Moses Moon (TV) The Broken Chain Joseph Brandt / Thayendanegea (TV) 1994 Squanto: A Warrior's Tale Epenow Pontiac Moon Ernest Ironplume 1995 500 Nations (TV, voz) Follow the River Wildcat (TV) The Scarlet Letter Metacomet Tom and Huck Injun Joe 1996 Red River Napoléon (TV) Dead Man's Walk Buffalo Hump (TV) 2000 Big Eden Pike Dexter 2002 Skins Rudy Yellow Lodge 2003 Mr. Barrington Samuel Cowboys and Indians: The John Joseph Harper Story Harry Wood (TV) Desaparicións Pesh-Chidin 2005 Into the West Touro Sentado It Waits Joseph Riverwind Shania: A Life in Eight Albums Jerry Twain (TV) 2006 One Dead Indian Sam George (TV) Indian Summer: The Oka Crisis Terry Doxtator (TV) Not Like Everyone Else Tim Blackbear Mr. Soul Steve Lonethunder 2007 Enterrádeme o corazón en Wounded Knee Gall 2009 Cashing In Mathew Tommy Serie de televisión Blackstone Xefe Andy Kissed by Lightning Solomon "Bug" King 2010 A Flesh Offering Mishomis Casino Jack Xefe Poncho 2013 Maïna Quujuuq Longmire Dolan Lone Elk 2014 Elementary Leon Moody Tempada 3, episodio 6: Terra Pericolosa 2017 Supernatural Sarxento Joe Philips Tempada 13, episodio 6 2018 The Grizzlies Harry Aviak 2020 Barkskins Chief Tehonikonhraken Tempada 1, episodios 7 & 8Brother, I Cry Dean 2023 Little Bird Asin Serie de televisión
Galardóns e nomeamentos 2000: Gran Premio do Xurado no L.A. Outfest
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Eric Schweig no Internet Movie Database
Categoría:Actores do Canadá Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados nos Territorios do Noroeste Categoría:Canadenses de ascendencia alemá Categoría:Canadenses de ascendencia inuit Categoría:Canadenses de ascendencia portuguesa Categoría:Canadenses de ascendencia senegalesa