Miguel Santiago Esteban Radío, nado en Barrantes (Ribadumia) o 2 de xaneiro de 1952, é un lingüista galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia en todos os niveis educativos. Foi profesor de Lingua e Literatura Galega na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra da Universidade de Santiago do 1973 ao 1975 e da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Ourense da Universidade de Vigo de 1992 a 1998, e impartiu a mesma materia en diversos institutos de Ourense e Pontevedra.
Foi un dos fundadores e primeiro presidente da AS-PG, no 1977. Posteriormente creou o Instituto Galego de Socio-Pedagoxía (IGSP) e organizou as Xornadas Pedagóxicas Galegas, así como O ensino. Revista Galega de socio-pedagoxía e socio-lingüística, e, no 1983, fundou Galiza Editora.
Obras Ensaio Didáctica da lingua e da literatura galega, 1986, Galiza Editora. O vocabulario galego-castelán no ensino en Galicia. Unha aproximación sociolingüística, 1997, Galiza Editora.
Edicións Barriga verde, de Manuel María, edición e introdución, 1996, Galiza Editora. Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ribadumia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela