Celia Díaz Núñez, nada nas Eiras (O Páramo) o 3 de xaneiro de 1961, é unha escritora galega.

Traxectoria Aos poucos anos trasladouse a Quiroga. Tras estudar o bacharelato en Monforte de Lemos, licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomada en Maxisterio pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo e diplomada en Estudos Avanzados en Teoría da Literatura pola Universidade de Vigo. Reside en Ourense, onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario, actividade que compaxinou coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación na materia de Didáctica da Lingua Galega.

É filla adoptiva de Quiroga.

Obras Literatura infanto-xuvenil

Narrativa Adeliña (2004). Deputación de Ourense. ISBN 978-8496011625. Ilustracións de Luís Sendón. Rugando (2012). Deputación de Ourense. 131 páxs. ISBN 978-8492554607. Ilustracións de Pilar Marcó. Rugando ou o misterio do cuarto secreto (2021). Galaxia, Costa Oeste. Ed. corrixida e aumentada. 136 páxs. ISBN 978-84-9151-592-0. A boca do monte (2016). Galaxia, Costa Oeste. 168 páxs. ISBN 978-84-9865-688-6. O extraordinario caso do tellado do Xildro (2024). A Coruña: Medulia. 42 páxs. ISBN 978-84-19438-94-2. Ilustracións de Susana Díaz Cabot. A avoa canta como a cotovía (2025). Vigo: Galaxia, Col. Árbore. 112 páxs. Ilustracións de Alba Santa. ISBN 978-84-1176-374-5.

Teatro

Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta. (2008). Baía Edicións. 40 páxs. ISBN 978-84-96893-36-8. Velaí vai o papaventos (2014). Ed. de autor. 64 páxs. ISBN 978-8461687695. Ilustracións de Marina Seoane. O Castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (2018). Fervenza. 72 páxs. ISBN 978-84-17094-45-4. Unha estrela para Amina (2020). Galaxia. Árbore. 80 páxs. ISBN 978-84-9151-472-5.

Narrativa Unha verdade amarga (2017). Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-9151-059-8.

Corte e confección (2019). Galaxia. 12 páxs. ISBN 978-84-9151-413-8. As faces do diamante (2023). Vigo: Literaria, Galaxia. 174 páxs. ISBN 978-84-1176-140-6. Relatos. Todos calan (2024). A Coruña: Medulia. 240 páxs. ISBN 9788410324497

Ensaio Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores (1995). Concello de Quiroga.

Didáctica Resta de letras (2002). Xerais. 127 páxs. ISBN 9788483028643. Enfocado a mellorar a competencia lingüística do alumnado. Lingua galega e literatura, ESO 2: Proposta didáctica (2018). Anaya. 152 páxs. ISBN 788469810491.

Con Mercedes Seixo Pastor

Lingua Galega e Literatura 4. (2016). Anaya, Material didáctico. 368 páxs. ISBN 978-8469812518. (Para 4º ESO). Lingua Galega e Literatura 4. Proposta Didáctica (2012). Anaya, Material didáctico. 520 páxs. ISBN 978-84-678-2600-5. Lingua Galega e Literatura 3. Proposta didáctica (2015). Anaya, Material didáctico. 368 páxs. ISBN 978-8467853339. Lingua Galega e Literatura 3 (2016). Anaya, Material didáctico. 376 páxs. ISBN 978-84-678-5332-2. (Para 3º ESO). Lingua Galega e Literatura 3. Recursos fotocopiables (2011). Anaya, Material didáctico. 536 páxs. ISBN 978-84-678-0075-3. Lingua Galega e Literatura 2 (2016). Anaya, Material didáctico. 256 páxs. ISBN 978-84-698-1048-4. (Para 2º ESO).

Premios 2004: I Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria, por Adeliña. 2004: II Premio Internacional Barriga Verde de Textos para monicreques (modalidade infantil), por Cataventos e cía. 2007: Primeiro premio no XL Concurso Breogán de Contos convocado polo Centro Galego de Barakaldo, por Un tango na noite. 2012: Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria, por Rugando. 2016: Premio de Teatro Infantil O Facho, por O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna. 2017: Finalista Premio Frei Martín Sarmiento, por A boca do monte 2019: Premio de Teatro Infantil O Facho, por Unha estrela para Amina. 2024: Accésit no Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer, por A avoa canta como a cotovía.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da autora Entrevista en Criticalia, 2018.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Páramo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela