Revista de Galicia, foi un periódico semanal publicado en Santiago de Compostela de 1841 a 1842.

Historia e características Subtitulada Periódico de ciencias, literatura y artes, apareceu en outubro de 1841. Dirixido por Manuel Rúa Figueroa, foi continuación de El Iris de Galicia. Entre os seus redactores estaban Benito Amor Labrada, Francisco Navarro Villoslada e José María Gil Rey. O seu obxectivo era enaltecer Galicia e mellorar a súa situación moral e material, ademais de promover a literatura. Foi suspendida para introducir novidades pero o proxecto non saíu adiante e a publicación non volveu reaparecer. Cesou en xaneiro de 1842.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1841 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas en lingua castelá