Katmandú (en ) é a capital e a maior cidade do Nepal. É a única cidade do país co status administrativo de Mahanagar (cidade metropolitana). Katmandú é o núcleo da meirande aglomeración urbana do Nepal, localizada no Val de Katmandú, e que está formada por Lalitpur, Kirtipur, Madhyapur Thimi, Bhaktapur e un gran número de pequenas comunidades. Segundo o censo de 2011, a cidade metropolitana de Katmandú tiña unha poboación de 1 003 285 e unha área de 49,45 km². Xeografía
Localízase no val de Katmandú no Nepal central, próxima ao río Vishnumati, a 1370 metros de altitude. Está rodeada por catro grandes montañas: Shivapuri, Phulchoki, Nagarjun e Chandragiri. O val de Katmandú forma parte de tres distritos (Katmandú, Lalitpur e Bhaktapur).
A súa poboación medra de xeito rápido, máis que duplicándose nas estatísticas entre 2011 e 2019. Ten a maior densidade de poboación do país, sendo o fogar dunha doceava parte dos habitantes.
Historia Foi fundada en 723 polos newares. A cidade antiga é característica pola gran cantidade de templos e palacios budistas e Hindús, a maioría deles do século XVII. Moitos destes monumentos foron estragados desafortunadamente por terremotos e a contaminación. No val de Katmandú hai sete sitios clasificados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.
Katmandú converteuse nun sitio moi visitado polos turistas desde os anos 1960 a raíz do movemento hippy.
Cidades irmás
Dortmund Edimburgo Eugene Isfahán Johannesburg Kansas City Kyoto Matsumoto Minsk Pau Pyongyang Quebec Rochester Xi'an Yangon
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Kathmandu - Wikivoyage (en) Kathmandu Metropolitan City The Kathmandu Post
Categoría:Cidades do Nepal Categoría:Capitais de Asia