250px|dereita|miniatura|Estanque de Puigcerdà. A Baixa Cerdanya é unha comarca da provincia de Xirona, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é Puigcerdà. En 2009 tiña 18.656 habitantes. A comarca limita co Principado de Andorra polo norte, coa Alta Cerdanya (Francia) polo nordeste, co Ripollès e o Berguedà polo sur e co Alt Urgell polo oeste.
É un dos fragmentos nos que quedou dividido o territorio histórico da Cerdanya como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659). Oficialmente chámase simplemente Cerdanya, pero utilízase o nome de Baixa Cerdanya en contraposición á Alta Cerdanya.
Concellos Actualmente a comarca está formada por 17 concellos. Concello Poboación(hab.) Alp 1.576 Bellver de Cerdanya 2.014 Bolvir 329 Das 193 Fontanals de Cerdanya 446 Ger 444 Guils de Cerdanya 452 Isòvol 278 Lles de Cerdanya 220 Llívia 1.388 Meranges 87 Montellà i Martinet 597 Prats i Sansor 213 Prullans 246 Puigcerdà 8.949 Riu de Cerdanya 112 Urús 200
Véxase tamén
Outros artigos Arte románica da Baixa Cerdanya
Ligazóns externas Sitio web do Consell Comarcal de la Cerdanya
Categoría:Comarcas de Cataluña