El Correo de Lugo foi un periódico editado en Lugo en varias etapas: de 1860 a 1861, de 1865 a 1866.
Historia e características
Primeira etapa Subtitulado Periódico de intereses morales y materiales, apareceu o 20 de maio de 1860.Teijeira & Torre (1997), p. 34 Saía cada cinco días. Impresa por Manuel Soto Freire, tivo como directores a José María Castro Bolaño e Manuel Vázquez de Parga. Entre os redactores figuraban Nicolás Pardo Pimentel, Pedro Rozzi, Teolindo María Romero, Antonio Castro Martínez e Nicandro García Taboada. Publicación de tendencia moderada, a súa primeira época chegou ata o 27 de abril de 1861.
Segunda etapa A segunda época, na que foi case sempre bisemanario, iniciouse o 8 de marzo de 1865. Modificou o subtítulo inicial polo de Periódico de interés general. Entre os temas que tratou destacan as polémicas sobre os foros e a introdución do ferrocarril en Galicia. Cesou a súa publicación o 27 de abril de 1866.
É posible que tivera unha terceira etapa entre 1877 e 1879 e é segura unha cuarta etapa a partir de agosto de 1899.Revista Gallega, 232, 3-9-1899, p. 6.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos
Categoría:1860 en Galicia