Silverio Cerradelo Gómez, nado en Ourense en 1964, é un escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Veterinaria e Filoloxía Galega na Universidade Autónoma de Barcelona, ten traballado sobre todo con fauna salvaxe. Foi membro dos grupos de teatro universitario galego de Barcelona. Traballou tamén como tradutor, como xornalista (colaboracións na revista Integral, en El Periódico de Barcelona e en Vieiros) e en temas de educación ambiental. Dirixiu o proxecto educativo Contacontos nos Pireneos e na cordilleira Cantábrica, para a sensibilización sobre o oso pardo, patrocinado polo WWF/Adena (Fondo Mundial para a Natureza), que durou máis de dous anos. É impulsor do proxecto na rede A Chave.Sitio web da Chave
Obras Literatura infanto-xuvenil A historia da Bavar e do Kiwi, os osos do hospital de fauna de Vallcalent, 2001, publicado en catalán, castelán, éuscaro, occitano, aragonés e galego.
Narrativa Os paxaros tamén migran ao sur, 2007, Xerais.
Traducións Introducción á fonética: o son na comunicación humana, de Eugenio Martínez Celdrán, 2002, Galaxia. Con Sabela Labraña.
Premios Premio Terra de Melide en 2006, por Os paxaros tamén migran ao sur.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1964