A bandeira de Malaisia, coñecida como Jalur Gemilang (gloriosas franxas) foi adoptada o 16 de setembro de 1963. O seu deseño é moi semellante á Bandeira dos Estados Unidos, aínda que probablemente non se pretendeu imitala senón lembrar a bandeira da Compañía Británica das Indias Orientais, na que parece que tamén se inspirou a norteamericana.
Deseño miniatura|dereita|Bandeira de Malaisia. A bandeira malaia ten franxas horizontais do mesmo tamaño de cor vermella e branco e un cuadrante de cor azul no cantón. As franxas vermellas e brancas suman catorce e simbolizan o trece estados federados malayos e a federación malaya. No cantón aparecen un crecente (lúa crecente), un símbolo islámico, e unha estrela de catorce puntas que representa, como as franxas, os estados malayos e a federación que forman.
Tanto o crecente como a estrela son de cor amarela, símbolo da monarquía de Malaisia e figuran na parte superior do escudo de armas nacional. O 31 de agosto de 1997, o primeiro ministro Mahathir bin Mohamad aprobou a concesión á bandeira dun nome, Jalur Gemilang, "Gloriosas Franxas".
centro|miniatura|350px|Construción da bandeira.
Outras bandeiras
Bandeiras históricas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Malaisia Malaisia Categoría:Bandeiras de Malaisia Malaisia