Antonio Balboa Salgado, nado en Verín en 1966Antonio Balboa Salgado , obras do autor catalogadas na web Cultura Galega., é un historiador galego.
Traxectoria Estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela, e acadou o premio extraordinario de licenciatura. Acadou o doutoramento, especializándose na Idade Antiga de Galicia. Realizou investigacións en Alemaña como bolseiro do Deutscher Akademischer Austauschdienst, Austria como bolseiro do Österreichische Austauschdienst, Francia e Italia.
De 1991 a 1993 foi o presidente da Asociación Galega de HistoriadoresIGALHIS, na web da revista Murguía.. Foi codirector de Edicións Lóstrego entre 2000 e 2013, cando pechou.
Defende un celtismo crítico que concibe a Galicia influída por unha cultura céltica conectada co marco atlántico.
Obras Gallaecia nas fontes clásicas (Universidade de Santiago de Compostela, 1996)Gallaecia nas fontes clásicas, .pdf en Scribd. A raíña Lupa. As orixes pagás de Santiago (Edicións Lóstrego, 2005) As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia (Editorial Toxosoutos, 2006)As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia, ficha na web da editorial. A Galicia Celta (Edicións Lóstrego, 2007)
Recoñecementos Premio Taboada Chivite por Gallaecia nas fontes clásicas (1993) Premio Manuel Murguía de Ensaio por A Raíña Lupa. As orixes pagás de Santiago (2004)"Una revisión de los orígenes del mito de Santiago gana el premio Murguía", artigo de Eva Moreda en La Voz de Galicia, 17 de novembro de 2004 .
Notas
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela