The Rentals é unha banda de powerpop estadounidense liderada polo vocalista Matt Sharp, coñecido por ser o antigo baixista de Weezer. O grupo é coñecido polo seu sinxelo de mediados dos 90 "Friends of P.". A banda editou dous álbums, Return of the Rentals e Seven More Minutes a través do selo Maverick Records. A banda disolveuse en 1999 despois da xira mundial do seu segundo álbum, pero reformouse en 2006 e dende entón editou varios EPs.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Return of the Rentals 1995 Maverick, Reprise, Warner Bros. Seven More Minutes 1999 Maverick, Warner Bros. Lost in Alphaville 2014 Polyvinyl Record Co. Q36 2020 autoeditado
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América