David Raposeiras Correa, nado en San Miguel de Presqueiras (Forcarei) o 24 de marzo de 1960 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 2012, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Estudou a carreira de maxisterio, exercendo de mestre de educación infantil e primaria entre 1985 e 1999. Foi concelleiro do Concello de Forcarei dende 1983 até xuño de 1999. Desempeñou o cargo de alcalde dende xuño de 1999 até a súa morte en xaneiro de 2012. Foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Pontevedra desde 1999 até 2003.

Vida persoal

Tivo dous fillos xemelgos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Forcarei

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Alcaldes de Forcarei Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Forcarei Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes